Quantcast
Channel: Tempos Dixital » Urdangarín
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

A casa lóbrega e a casa labrega

$
0
0

Xosé Febrero

De neno cando non tiña escola, eu estaba cos meus avós en Castrelo de Miño. Alí, acompañaba aos meus avós cando traballaban na terra, atendían ao gando e coidaban as viñas, e me deixaban que enredara, brincando co can e facendo que axudaba. De cando en vez o meu avó ou a miña avoa me pedían que collera á burra e fora hasta á tenda que estaba nun lugar perto a mercar aceite, sardiñas en lata para facer a merenda nas viñas, ou incluso un saco de abono ou de sulfato.

A min estrañábame que sen cartos na tenda abondara con dicir que era o neto de Manuel Bande, para que me deran todo o que pedía, me axudaran a cargalo na burra, e me puidera ir sen que ninguén esixira que asinara comprobante ou factura algunha. Conforme fun medrando, pensei que eu mercaba ao fiado, e que a señora da tenda se fiaba de min, que para iso era un neno ben parecido e ben faladiño.

Moitos anos máis tarde, na Facultade de Dereito de Santiago, tiven coñecemento dunha institución que se chama a Compañía familiar. Está regulada na lei galega 4/1995. A Compañía familiar constitúese entre labregos que viven xuntos para explotar en común terras, un lugar acasarado ou explotacións pecuarias, que poden pertencer a un deles, a algúns, ou a todos os reunidos. A Compañía familiar non ten por que ter un documento de constitución, senón que existe polo mero feito de que varios adultos que sexan parentes vivan na mesma casa, e traballen en común terras. A Compañía Familiar é unha denominación técnico-xurídica, os integrantes das compañías familiares, din de si mesmos que “son da Casa”, e A CASA é realmente a institución xenuinamente galega.

Ao membro de máis autoridade da Casa, o xefe, chámaselle tamén petrucio. Todos os petrucios de Galiza teñen absolutamente claro que deben pagar ás débedas que xeren os membros da súa Casa, por moito que a Lei galega estableza esa obriga so para as débedas xeradas para afrontar os custes comúns, ou os gastos de mantenza dos membros, e non o coche que se lle bota ao neto.

Cando o home da Casa, se achegaba á feira, ou a tenda pagaba as débedas de todos os membros da Casa e non se lle ocorría deixar sen pagar algunha débeda da Casa, dado que era unha vergonza e un deshonra que non estaban dispostos a afrontar. Pagábase e despois, dentro da casa, xa chegaría o tempo dos reproches.

No campo galego a referencia era e é a Casa. Fálase de “casar para a Casa”, como un xeito de integrarse nunha Compañía familiar. As cotas da festa establécense por Casa, e incluso o dereito a aproveitarse dos montes en man común ven determinado polos ‘lumes vivos’ da aldea ou lugar, isto é, polas Casas habitadas.

Os alcumes tamén eran por Casa, e herdábanse, como se herdaban as terras, os instrumentos ou os cartos. Un bisavó meu volveu de Cuba moi elegante, e paseaba polas corredoiras cun bastón que afirmaba ser de pau de moca. Quedoulle ‘o Moca’, e tal alcume foi herdado polo irmán da miña avoa, e agora polo seu fillo. Eu non o herdei, dado que que acabou vivindo na casa fora o meu tío, e non a miña avóa. Na miña familia éramos os do Ghillo, xa que así lle chamaban ao meu avó, por andar, cando mozo, levando gando dun lugar a outro cunha aguillada (unha vara ou bastón para guiar ao gando).

Os defectos e as tachas máis que familiares afectaban aos da Casa: cando o meu pai soubo que estivera bailando nas festas de Terzas cunha moza, preguntoume quén era, e cando lle dixen onde vivía, soltoume que el lle fixera ás beiras á súa nai, que xa vivía no mesmo sitio, e que esta non era moi limpa.

  • A filla non ten por que ser como a nai –lle retruquei eu
  • Nesa Casa non eran moi limpos –dixo moneando coa cabexa

Pobre moza: para acadar sona de limpa, non so debería ser extremadamente hixiénica senon cambiar de Casa.

A xente, onde eu vivín, socializaba as virtudes e os defectos da familia, atribuíndollos a todos os que vivían na Casa, e, o caso, era que todos tentábamos estar a altura desa carga. Eu sempre fun vergoñento para bailar nas festas, e ano tras ano, convidábanme a que botara un pasodobre ou unha muiñeira na sesión vermut.

  • Eu non bailo. Non bailo ben –tiña que desculparme
  • ¡Co ben que baila o teu tío Aladino! –decían mirándome con lástima.

Pero eu polo menos non vivía na Casa do Tío Aladino, por que os seus netos, que tampouco bailaban, e sí vivían na Casa do Tío Aladino eran mirados incluso con desconfianza por esa traición ás artes bailatorias do Tío Aladino.

A xente temos a nosa identidade inseridos nunha familia, nunha veciñanza, nunha cultura e nun país. A ningún dos nosos paisanos se lle ocorrería deixar a deber un gasto que fixera un dos seus fillos ou un dos seus xenros, e sobre todo si o gasto se fixo invocando ou aludindo ao nome da Casa.

E ese é o problema que ten o Rei de España. Xuridicamente poderá non ten responsabilidade civil polas actividades ilícitas, e incluso, penais do seu xenro, dado que non hai constancia de que as consentira, pero moralmente ten toda a responsabilidade: Soubera ou non soubera das andainas do xenro, este usou o seu nome, o nome da súa Casa, cun engano dabondo para levar ao engano a políticos que, quitándonos os cartos dos nosos petos, llo deron ao sr. Urdangarín e os seus socios.

Moralmente ten toda a responsabilidade, dado que a Casa Real fachendeou ao longo dos anos coa leria de que era o dirixente mellor informado de toda Europa.

Moralmente ten toda a responsabilidade por que lle pediu directamente a Cesar Alierta que lle dera un traballo en Telefónica ao seu xenro para alonxalo de España, cun salario estarrecedor, cando a súa obriga era poñelo en coñecemento da Fiscalía.

Moralmente ten responsabilidade por que no íntimo, todos sabemos que era o correcto e todos sabemos que o que faría calquera labrego sería pagar as débedas dos da casa.

A República en España chegará, antes ou despois. Do que faga a Casa dos Borbóns nos próximos tempos, determinará si a chegada da República é inminente.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Latest Images

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Vimeo 10.6.2 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.6.2 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.6.1 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.6.1 by Vimeo.com, Inc.

Trending Articles


Mariquitas para colorear


Tiburon para colorear


Long Distance Relationship Tagalog Love Quotes


Tropa Quotes


Hugot Lines 2020 Patama : ML Edition


RE: Mutton Pies (mely)


Ang Nobela sa “From Darna to ZsaZsa Zaturnnah: Desire and Fantasy, Essays on...


EASY COME, EASY GO


Version 0.8.5 – Peb txhawb tus Lao heev


Hato lada ym dei namar ka jingpyrshah jong U JJM Nichols Roy (Bah Joy) ngin...





Latest Images

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Vimeo 10.6.1 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.6.1 by Vimeo.com, Inc.